O Rally da Auga – Camiño de Santiago presentouse con éxito en O Pino
Varias ducias de personalidades reuníronse na tarde do xoves para a presentación oficial do Rally da Auga – Camiño de Santiago. O lugar elixido foi O Muíño de Pena, no Pino, cun marco espléndido que permitiu aos presentes gozar da natureza galega, atravesado polo río Mera (un dos afluentes do Tambre).
Contando cos alcaldes dos concellos implicados, ademais de con José Vicente Medina, presidente da Comisión de Rallyes da RFEdA ou Nava Castro, Directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, a través dalgúns dos patrocinadores que apoian a celebración da proba como o Grupo Recalvi, cuxo director, Chema Rodríguez, tamén pronunciou unhas palabras. Todo isto apadriñado polo campión do mundo de ralis Luis Moya, que subliñou a fortaleza do voluntariado nos rallyes, xa que é un dos deportes onde máis repercute este tipo de axudas, sen as cales sería imposible levalos a cabo.