As copas de promoción, protagonistas no Rally da Auga – Camiño de Santiago

Unha edición máis, as numerosas copas de promoción volverán a dar moita variedade e colorido ao Rally da Auga – Camiño de Santiago, xa que suporán unha boa parte da lista de inscritos. Dúas semanas despois da apertura de inscripcións, éstas avanzan a moi bo ritmo, e ademáis da nutrida participación nas copas, a prueba xa asegura presenza internacional con equipos chegados dende Francia, Italia ou Finlandia.

A quinta temporada da Beca Júnior Rallye Team Spain comezará no Rally da Auga, onde estarán presentes algúns dos mellores talentos do país. Grazas á axuda por parte da Real Federación Española de Automovilismo con este certamen de promoción, o equipo campión poderá participar o próximo ano no Campionato de Europa Júnior como foi o caso de Efrén Llarena ou Josep Bassas. Esta copa despútase cos novedosos vehículos Rally4 que xa deron moi boas sensacións no pasado Rally da Auga, deixando aos antigos R2 por detrás en todo tipo de prestacións.

Tras un ano sabático forzoso debido á pandemia de Covid-19, a segunda edición da Copa N5 RMC Motorsport porase en marcha sobre a terra da Comarca de Arzúa e arredores. Unha vez máis, o preparador leonés, gran amigo da organización, confía no Rally da Auga como escenario para a súa copa de promoción, cuxos vehículos da clase N5 aportan moita variedade e espectacularidade rozando os 300 cabalos de potencia e tracción total montados sobre carrocerías actuais que podemos encontrar nos concesionarios.

Unha das principais atraccións da Copa de España de Rallyes de Terra este ano é a Copa 2RM, un certamen dividido en varias categorías de prestacións moi variado e competido coma xa se amosou no pasado Rallye Tierras Altas de Lorca. Prototipos e vehículos da clase N3 de diferentes cilindradas danse cita neste campionato. Ademáis, a Kopa Cobe Motor desputa su sexto año cos Toyota Aygo N3, sendo un dos certámenes máis asentados na terra e que deu lugar aos primeiros pasos de xoves promesas do noso deporte.