Nota de prensa previa: Xacobeo Rally da Auga 2022
Esta fin de semana terá lugar unha nova edición do Xacobeo Rally da Auga, proba puntuable para a Copa de España de Rallyes de Terra – Rallycar e proba candidata a formar parte do Trofeo FIA ERT Iberian Rally Trophy.
Un total de 53 inscritos par ciparán nun percorrido trazado polas comarcas de Arzúa e San ago, coa acción dividida en dúas xornadas. O venres, 6 de maio, a acción comezará ás 14.00 horas coa disputa de dous shakedowns ao mesmo tempo (un para os par cipantes aptos para facer a Qualifying Stage e outro para o resto de equipos).
A saída realizarase no Centro Comercial As Cancelas trala cal os par cipantes acudirán á zona de Arzúa para realizar o treito espectáculo ás 18.50 horas e despois un acto de presentación na Praza da Feira da mesma localidade.
O sábado a proba terá un formato moi compacto, con tres longos e selec vos treitos a dobre paso, formando dúas seccións compe vas que ditarán quen se levará a vitoria, e cuxa entrega de premios terá lugar de novo nas Cancelas ás 18.30 horas.
A principal novidade en canto a inscritos será a par cipación do triplo gañador deste rallye e pentacampión de España de Terra Xevi Pons, que parte como principal favorito á vitoria co seu Fabia Rally2. Non será o único campión nacional presente cun coche de primeiro nivel xa que tamén estarán na liña de saída Oriol Gómez ou Álex Villanueva. Juan Carlos Quintana, Rodrigo Zeballos ou Daniel Alonso serán outros dos protagonistas que arrinquen cos primeiros dorsais nesta edición.
Este Xacobeo Rally da Auga será moi importante en canto ás copas de promoción, sendo a primeira proba na península para a Toyota Gazoo Racing Iberian Cup, a Beca Junior Sub24 que se disputa co Renault Clio Rally5, as tres divisións dentro da Copa 2RM (R2, Proto e N3), e a Copa Kobe Motor co pequeno pero incombus ble Toyota Aygo. Ademais, tamén será a primeira proba do Triangular N5, un mini-certame feito para esta categoría de vehículos.