A antiga estación de tren Ordes – Fosado (un dos atractivos da Vía Verde) foi o escenario perfecto para a presentación oficial do Rally da Auga, no que compareceron múltiples autoridades que prestaron todo o seu apoio para que a proba sexa un éxito e un gran impulso económico para toda a comarca.
Entre as autoridades presentes estiveron os alcaldes de todos os concellos que integran a Mancomunidade de Ordes; José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Cristina Capelán, deputada de Deportes da Deputación da Coruña; José Vicente Medina, vicepresidente da Real Federación Española de Automóvil; Alfonso García, vicepresidente da Federación Galega de Automóbil; Chema Rodríguez, conselleiro delegado do Grupo Recalvi; e María Zas, presidenta do comité organizador.